Era media noite, a cea estaba fría, a casa a escuras, el, dende a cama, escoitou abrir a porta de fóra, os zapatos caer no corredor, logo, uns pes descalzos aproximáronse lentamente ata a habitación, era ela, non acendeu a luz, non falou, só se escoitaba a roupa deslizarse polo seu corpo. El esperaba, esperto, calado, quieto, ofrecíalle o dorso.
As cortinas, entreabertas, deixaban entrar o luar do Atlántico, a tenue luz alumeaba un reverso masculino espido, unha insinuante raíña ao final daquela cintura asomaba a través das sabas, agora, os dous case sen respiración esperaban.
Ela apartou as sabas e deslizouse no leito quente, estaba inquieta, o seu alento libidinoso reinaba na estancia. Ao cabo duns interminables minutos, a súa coxa dereita foise aproximando suavemente ás nádegas del. Era unha sensación agradable, morna. Moi levemente a cálida e delicada coxa fregáballe as nádegas, logo, el escoitou os seus voluptuosos beizos entreabrirse e os seus dedos mollarse na boca, aquela perna insistía e como con dozura apertouse contra el, a súa respiración comezou ritmicamente a acelerarse, agora notaba o brazo tenso dela sobre as súas costas.
Ela seguía boca arriba, a súa lingua e os seus labios mollábanse, o seu brazo empuxaba con ductilidade acompasada as costas del, estaba masturbándose. No leito o pracer espallábase.
O membro del, esperto, comezou a incharse con rapidez, os seus latidos comezaban a acelerarse, os labios mollados dela, a súa lingua húmida…, comezaban a espertar sutís bafexos. El notaba cada vez máis presión sobre a súas nádegas, a excitación dela estábao contaxiando, o seu membro estaba totalmente eréctil. Ela comezaba a mollarse no seu sexo, -el, só oía, non se movía- o movemento do brazo feminino acompañaba un leve son, era o fluír dos seus zumes, ela xa xemía sensualmente, sen recato, el excitado non se movía, a perna de ela insistía en introducirse con tersura no ano del, ela, excitada, estremecíase ao ritmo case agresivo da súa man dereita sobre o seu sexo.
El imaxinábaa coa destra masturbando o seu clítoris e a zurda oprimíndose unha mamila, xa notaba o seu pene humedecido, o seu lubricante comezaba a emerxer, o seu corazón saltaba, a súa lingua loitaba coa saliva para evitar o menor murmurio. De repente ela comezou a elevar o seu pube, pouco a pouco uns sensuais laios subiron docemente de ton ao compás dos seus glúteos, axitouse lixeiramente, tres, catro, cinco veces…, exhalou un profundo suspiro, e o seu corpo suado descendeu sobre as sabas.
Sen cesar de sentirse os sensuais pero atenuados murmurios, virouse lentamente sobre o seu ombro dereito, apertou os seus peitos sobre as costas del, as súas mamilas pretas penetraron o dorso do amante, deslizou a súa perna esquerda sobre o traseiro del, o seu vello húmido pegouse ao cu quente que, como resistíndose, abaneouse levemente cara diante para regresar, dócil, ao contacto do sexo mollado, ela aprisionouno. El xa non podía controlar a súa respiración, estaba abafado, o pracer tíñao desbocado, o seu ano estremeceuse e empezou a contraerse placidamente, o seu membro encabritado axitouse sen axuda, ela pousou, moi lixeiramente, a súa man sobre el tocando coas xemas os testículos, el só puido premer fortemente coas mans o borde do colchón…
erosgalica@gmail.com
erosgalica@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario