SE ÉS MENOR
ABANDONA ESTE BLOG



miércoles, 12 de enero de 2011

Xantar de pracer

De novo a comida da festa patronal, corenta comensais á mesa, todos pegados, por fin tocáralle cara o fondo da mesa, este ano non se levantaba da mesa, á súa esquerda; o xenro da súa irmá maior, na cabeceira; a muller deste, enfronte; a parella de cotorras do Quinteiro de Arriba. Ían no segundo prato, o banquete animábase. Cara a porta, a longa mesa barullaba sen ton nin son, no seu fondo as cotorras levaban a voz cantante.
Ela, pouco acostumada ás bebidas alcohólicas, comezaba a experimentar unha libida sensación recorrendo  o seu corpo, estaba sensualmente acalorada, de súpeto, empezou a notar o xeonllo da súa parella de mesa tocando o seu. Ela, muller sen compromisos, atractiva, refinada, 48 anos, el, dez máis novo, guapo, tentador, só se cruzaban as miradas nestas celebracións, ela sempre sentira unha inconfesable atracción por el.
O mantel da mesa ocultaba os corpos dos embigos para abaixo, aquela erótica presión ía e viña moi lentamente, aquilo era novo para ela, era  un enredo luxurioso e pracenteiro, cada vez máis desinhibida, entrou no xogo daquel aposto veciño, devolveulle moi levemente a presión co seu xeonllo espido. 
Axiña notou os dedos del sobre a súa coxa desprazando as faldras, deslizábanse moi docemente cara a súa vulva, ela excitada latexaba sensualidade, mais receaba da discreción do ousado asaltante, a modo, cun pudor lúbrico, cerrou as pernas apresando aquel membro furtivo nas portas da súa cuncha, coa man esquerda delicadamente retirou a man do intruso, logo, liberouna. Esta, no seu retroceso, colleu a man represora e con firmeza pousouna sobre o paquete eréctil do seu membro.
 Ela asustada e excitada, mirou aos comensais, ninguén se decataba do que entre eles ocorría, a dona do improvisado amante estaba sendo aducida  polas cotorras, os demais bouraban relatos de todo tipo, ela, axitada pola luxuria, mirábaos, sorría e asentía.
A man del regresara á perna núa e, de novo, suavemente, acariñábaa na procura dos labios púbicos, ela rendérase lascivamente ás atrevidas caricias, a súa man liberada sobre o vulto do pene erguido, comezou a apalpar levemente aquela anatomía musculosa. As pernas dela abríanse ante a lenta penetración dos dedos que apalpaban unhas sedosas braguiñas, pouco a pouco, impregnábanse cos xugos da vulva, mentres, a súa man esquerda moldeaba aquel paquete erecto na procura do seu interior, desabrochoulle o cinto e introduciu a súa man na bragueta, rodeou o pene coa man, ao mesmo tempo, deslizou moi lentamente as nádegas cara adiante buscando máis opresión daqueles delicados dedos na vaxina, agora ela tomaba a iniciativa naquel xogo erótico, o dedo maior premíalle a roupa íntima contra o tronco do seu clítoris, mollábase, estremeceuse, el co seu membro subxugado por ela, falaba atropeladamente co veciño doutro lado mentres os seus dedos introducíanse nas bragas molladas. A lascivia posuíaa e os seus dedos comezaron a subir e baixar compasadamente sobre o pene, primeiro suavemente, logo descontrolada pola paixón, abrazándoo vigorosamente. El balanceaba sensualmente as súas cadeiras como resistíndose a tanto pracer e, vingándose con deleite da excitada veciña, co dedo maior, masaxeaba o clítoris, teso e mollado. Ela, por fin, virouse cara el, estáballe facendo unha pera ao home da súa sobriña, el masturbaba ao seu amor platónico.
Alguén no comezo da mesa ergueuse e pediu un brinde polo patrón, no medio do balbordo os dous miráronse, estremecéronse, bufaron intimamente e exacularon, ninguén se decatou. Comezaba un novo tempo para os dous. 

jueves, 6 de enero de 2011

Silencio húmido

Era media noite, a cea estaba fría, a casa a escuras, el, dende a cama, escoitou abrir a porta de fóra, os zapatos caer no corredor, logo, uns pes descalzos aproximáronse lentamente ata a habitación, era ela, non acendeu a luz, non falou, só se escoitaba a roupa deslizarse polo seu corpo.  El esperaba, esperto, calado, quieto, ofrecíalle o dorso.  
As cortinas, entreabertas, deixaban entrar o  luar do Atlántico, a tenue luz alumeaba un reverso masculino espido,  unha insinuante raíña ao final daquela cintura asomaba a través das sabas,  agora, os dous case sen respiración esperaban.
 Ela apartou as sabas e deslizouse no leito quente, estaba inquieta, o seu alento libidinoso reinaba na estancia. Ao cabo duns interminables minutos, a súa coxa dereita foise aproximando suavemente  ás nádegas del. Era unha sensación agradable, morna. Moi levemente a cálida e delicada coxa  fregáballe as nádegas, logo, el escoitou os seus voluptuosos beizos entreabrirse e os seus dedos mollarse na boca, aquela perna insistía e como con dozura apertouse contra el, a súa respiración comezou ritmicamente a acelerarse, agora notaba o brazo tenso dela sobre as súas costas.



Ela seguía  boca arriba, a súa lingua e os seus labios mollábanse, o seu brazo empuxaba con ductilidade acompasada as costas del, estaba masturbándose. No leito o pracer espallábase.
 O membro del, esperto, comezou a incharse con rapidez, os seus latidos comezaban a acelerarse, os labios mollados dela, a súa lingua húmida…, comezaban a espertar sutís bafexos.  El notaba cada vez máis presión sobre a súas nádegas, a excitación dela  estábao contaxiando, o seu membro estaba totalmente eréctil. Ela comezaba a mollarse no seu sexo, -el, só oía, non se movía- o movemento do brazo feminino acompañaba  un leve son, era o fluír dos seus zumes, ela xa xemía sensualmente, sen recato, el excitado non se movía, a perna de ela insistía en introducirse con tersura no ano del, ela, excitada, estremecíase ao ritmo case agresivo da súa man dereita sobre o seu sexo.  
El imaxinábaa coa destra masturbando o seu clítoris e a zurda oprimíndose unha mamila, xa notaba o seu pene humedecido, o seu lubricante comezaba a emerxer, o seu corazón saltaba, a súa lingua loitaba coa saliva para evitar o menor murmurio. De repente ela comezou a elevar o seu pube, pouco a pouco uns sensuais laios subiron docemente de ton ao compás dos seus glúteos, axitouse lixeiramente, tres, catro, cinco veces…, exhalou un profundo suspiro, e o seu corpo suado descendeu sobre as sabas.
Sen cesar de sentirse os sensuais pero atenuados murmurios, virouse lentamente sobre o seu ombro dereito,  apertou os seus peitos sobre as costas del, as súas mamilas pretas penetraron o dorso do amante, deslizou a súa perna esquerda sobre o traseiro del, o seu vello húmido pegouse ao cu quente que, como resistíndose, abaneouse levemente cara diante para regresar, dócil, ao contacto do sexo mollado, ela aprisionouno. El xa non podía controlar a súa respiración, estaba abafado, o pracer tíñao desbocado, o seu ano estremeceuse e empezou a contraerse placidamente, o seu membro encabritado axitouse sen axuda, ela pousou, moi lixeiramente, a súa man sobre el tocando coas xemas os testículos, el só puido premer fortemente coas mans o borde do colchón…
erosgalica@gmail.com