Estou un pouco inquedo e necesito que me
saques de enriba este fervello que me corroe; como é habitual
en nós, dentro das nosas charlas o tempo paralízase e o mundo redúcese moito,
inciteite para que pasases o Fin de Ano na miña humilde compaña, tan
entusiasmado estaba que non pensei para nada no teu novo compañeiro de paseos e
recreos, só pensei no meu e en ti, sei perfectamente que agora non te botarás
atrás -foron tempos-, pero non quero que esa magnífica ilusión che carrexe un
rebote na túa convivencia, que che ocasione logo un quebranto na túa organizada
vida ou que o teu lindo sorriso teña días de tristura, non sería nada xusto,
non me gustaría nada.
Ou sexa que se consideras que todo isto que che digo pode pasar, mo dis e o
paralizo todo, non teñas medo en dicirmo, chinchareime un pouco e santas pascuas, xa sabes que son un mocetón do
norte, descendente de aguerridos castrexos emparentados con virís viquingos, asumiríao en nove días e logo
buscaría outro día para raptarte, e sabes? esa vez non te escaparás, a eses
tenros pulsos enlazarei unhas cativadoras ligaduras que inmobilizarán as túas
mans, unha sedosa mordaza mollarase nos teus labios, as túas lindas roupiñas
descolgaranse despaciño do teu estremecido corpo e os
meus labios comezarán o teu inevitable escarmento, en nada che axudarán os teus
amordazados arquexos, de nada servirán os teus bambeos liberadores, as miñas
mans percorrerán os teus suados cabelos, acariciarán as túas insolentes
mamilas, a miña lingua catarache, saborearate toda ata chegar a ese botonciño
lindo e carnoso que tanto lle gusta, masturbarache despaciño, lentamente,
suavemente, sabendo que non poderás liberarte das túas ligaduras, sabendo que
os teus xemidos enmudecidos non che axudarán en nada, a miña lingua empaparase
en ti ata que consiga que te corras, é posible que non me quede satisfeito e é
posible que o meu humedecido pene vingador penetre docemente, mansamente, a túa mollada delicia ata que os dous quedemos secuestrados
mutuamente, ata que os teus ollos anuncien o teu orgasmo, ata que o meu ventre
se estremeza de gozo, ata que nos corramos nun.
Bícoche sempre, deséxote, secuestrareite
eu
eu