SE ÉS MENOR
ABANDONA ESTE BLOG



jueves, 7 de abril de 2011

Amordazado

Era noite pecha, o campamento estaba durmido, só se oían o mar rachando nas rochas da praia e os ronquidos do veciño da autocaravana, saíu da tenda de acampada, a tres metros del, a muller do roncador, preta nunha camiseta de asas que insinuaba unha voluptuosa anatomía  sorriu, el sorriu, ela cruzou os brazos sobre o torso resaltando unhas apetitosas cereixas, sorriulle de novo e botou a camiñar cara a praia. El seguiuna sen apartar a vista daquel sensual balanceo. Ela parou e volveuse, cruzáronse as miradas e continuou a marcha, el botou a andar, gustáballe aquel excitante xogo. De cando en vez, ela virábase para asegurarse o ardor do seu seguidor.
Camiñaban cara o bar do piñeiral, todo estaba a escuras, só os pivotes de luz solar iluminaban unhas pernas espidas que se internaban na terraza do bar, a escuras, a tentas, el penetrou no recinto, tropezou cun tallo, unhas mans decididas tombárono nunha mesa, colocáronlle as mans ás costas e con algo corredizo quedou inmobilizado, amordazárono, todo nun alarde de destreza e rapidez que o deixou  paralizado e atónito. Con firmeza e suavidade incorporárono, as súas costas pararon contra uns peitos tersos, as súas mans palparon unhas coxas.
-          Quieto. Díxolle unha voz feminina, serena e voluptuosa. Era ela, a veciña.
Amordazado e inmobilizado de mans non se resistiu, alí estaba de pe enlazado por un corpo feminino. Unha man apertáballe con firmeza o peito, outra, suavemente, empezou a  deslizábase pola entreperna esquerda camiño dos seus testículos, un alento cálido estremeceulle a caluga, estaba excitada, el notaba nas súas costas unhas  mamilas duras, penetrantes, relaxouse e deixouna facer, as súas mans atadas rozaron as pernas quentes dela, ela deixouno facer, mentres, lentamente, introducía a man na bragueta ao encontro dun pene que se espertaba , os dedos baixaron suavemente ata os testículos, a erección crecía, coa outra man desprendeulle o pantalón.  El subía as xemas dos dedos lentamente por unhas exuberantes coxas procurando as nádegas núas, os seus polgares tocaban un pube humedecido, ela consentía e, sen ceibar o membro erecto, a outra man exploraba o peito beliscando as mamilas del.  Os dous corpos, excitados, suaban pracer.    
-          Déitate - ordenoulle  ela, obrigándolle a sentarse no chan.
El submiso, en erección, coas mans atadas e amordazado, obedeceu, agora, acostumado á tenue luz, vía un corpo ben proporcionado, carnoso, unha longa cabeleira case ocultaba o fermoso rostro da luxuriosa veciña.  Colocou as súas esveltas pernas a ambos lados do torso del e, alzando a apertada camiseta,  deixoulle contemplar por uns segundos a súa excitada cuncha, axeonllouse, pousou a súa man dereita sobre o membro sometido e con ductilidade sentou as cálidas nádegas enriba do pene eréctil comprimíndoo  contra o ventre, el atado e amordazado debatíase por tocar aquel sensual corpo, xemía de pracer e porfiaba coas ligaduras, ela  sobre o seu ventre, sen compaixón, comezou a deslizarse cara atrás ofrecéndolle ao membro humillado os labios quentes e húmidos da vulva, os peitos fundíronse, o libido alento dela xemía de pracer mentres os labios chuchaban o colo del, os dedos non deixaban de beliscarlle o peito e mamilas, aquel sexo feminino lubricábase e lubricaba o pene, masturbábase sobre el, el sentíase explotar, amordazado e atado, estaba a súa mercé, ela suspiraba, xemía, axitábase, os laios amordazados do seu aldraxado amante excitábana cada vez máis, de repente izou as súas nádegas, colleu o pene e, pouco a pouco, penetrouse o ano, os dous xemían, ela alzábase sobre el con ritmo crecente ata que os dous, acompasando os seus bafexos, liberaron os seus xugos, el no cu dela , ela sobre o ventre del.
Ela ergueuse, colleu un pincho do pelo, fixo unha marca na pata da mesa xunto a outras cinco, liberou a mordaza, pousoulle nos beizos o pincho e abandonou o local.      

No hay comentarios:

Publicar un comentario