SE ÉS MENOR
ABANDONA ESTE BLOG



martes, 12 de abril de 2011

Excitante reunión

Pasaran 15 días dende a última vez que a vira, Helena coma sempre estaba exultante, espléndida, o vestido de punto axustado resaltaba aquelas curvas libidinosas causantes da miña devoción erótica por ela. De novo, riseira, faladora, provocativa,…
Semellaba que non sucedera nada entre nosoutras, mais apañárase para colocarse ao meu carón, aos dez minutos a súa man esquerda apartaba a miña faldra de raión, os seus dedos tenteaban a miña vulva, outro xogo erótico comezaba, eu acalorada, permitía, pronto humedecín as miñas bragas, ao mesmo tempo, Helena falaba a destro e sinistro con todos e todas, enfronte a directora da sucursal non nos quitaba a vista de enriba, de mediana idade, unha muller atractiva que impoñía sempre o seu criterio, conducíase hoxe con cautela, o seu sorriso cativador zumegaba sensualidade, compracente cara nós, daba a impresión de estar ao corrente dos nosos enredos sexuais. Aqueles espertos dedos, agora  rodeando o meu clítoris, estábanme masturbando, eu bloqueada pola paixón non me movía.
De súpeto, a súa fluída conversa apagouse lentamente, os seus dedos freáronse, e a súa man apertouse na miña vulva mollada, pouco a pouco retirouna e recolleu a miña man dereita para pousala sobre a súa saia recollida, semellaba outro xogo erótico. Ceibada, a miña man buscou o monte de venus, ela axitada movía os seus glúteos deslizándoos levemente cara diante, eu apasionada polo contacto do seu corpo, baixei os meus dedos ao encontro dos seus labios púbicos. Alí as miñas xemas sorprenderon unhas delicadas dedas premendo impudicamente o clítoris da miña amante, a atractiva veciña de enfronte sorría cun encanto lascivo, a directora estaba seducindo a súa delegada. Sen tempo para asimilar a situación, de novo os dedos da asaltada veciña retornaran ás miñas bragas procurando con ductilidade o tacto da miña cuncha húmida, excitada pola nova situación non quería perder a iniciativa.
A nosa superiora enfronte, coa súa mirada lúbrica non nos ceibaba da súa ollada, sen pedirlla, pasoume unha caixiña de madeira tallada, semellaba ás de tabaco, dentro descubrín o mando dunha bala vibradora, estaba claro que tiña introducido no seu corpo o xoguete sexual, sen saber exactamente onde, a miña superiora insinuábame unha orde, esa imaxe estimuloume e excitoume aínda máis, sen pensalo collín o mando e  fitando a súa faciana, premín o botón, estremeceuse, o seu pe empurrou levemente o pube da súa submisa subalterna, miroume lascivamente, a miña man acariñaba e axudaba a aquel pe intruso na procura do pracer de Helena, mentres, eu masturbada con dozura, mollábame nos seus dedos. Excitada e seducida por aquelas fermosas mulleres, oprimín de novo aquel botón máis de vagar, prolongando a actividade do vibrador, agora a xefa estaba nas miñas mans,  parecía suplicar que cedera na sacudida, o aparato excitábaa en demasía e perdía o control.
 Namentres, Helena apartada da conversa de empresa dirixíase a min e á directora con voz tenue e entrecortada sen deixar de masturbarme, eu desenfreada, imitando o ritmo dos dedos que premían o tronco do meu clítoris, comecei a pulsar compasadamente o mando da bala vibradora, a xefa agora dominada, estremecíase,  as tres acaloradas axitábamos as nosas ocultas mans freneticamente.    Aquel pe comezou a estremecerse brincando moi levemente sobre os labios vaxinais da miña acompañante,  o seu rostro delataba un incontible orgasmo. Excitada e exaltada coa situación, sen poder conterme, premín con forza a deda sobre o tronco do clítoris da miña amante, ela defendeuse axitando os seus dedos sobre o meu, enfronte a nosa superiora estremeceuse premendo convulsivamente ao compás do seu orgasmo. Exaculamos a un tempo.
Chegábamos ao balance de resultados.

Xana.

jueves, 7 de abril de 2011

Amordazado

Era noite pecha, o campamento estaba durmido, só se oían o mar rachando nas rochas da praia e os ronquidos do veciño da autocaravana, saíu da tenda de acampada, a tres metros del, a muller do roncador, preta nunha camiseta de asas que insinuaba unha voluptuosa anatomía  sorriu, el sorriu, ela cruzou os brazos sobre o torso resaltando unhas apetitosas cereixas, sorriulle de novo e botou a camiñar cara a praia. El seguiuna sen apartar a vista daquel sensual balanceo. Ela parou e volveuse, cruzáronse as miradas e continuou a marcha, el botou a andar, gustáballe aquel excitante xogo. De cando en vez, ela virábase para asegurarse o ardor do seu seguidor.
Camiñaban cara o bar do piñeiral, todo estaba a escuras, só os pivotes de luz solar iluminaban unhas pernas espidas que se internaban na terraza do bar, a escuras, a tentas, el penetrou no recinto, tropezou cun tallo, unhas mans decididas tombárono nunha mesa, colocáronlle as mans ás costas e con algo corredizo quedou inmobilizado, amordazárono, todo nun alarde de destreza e rapidez que o deixou  paralizado e atónito. Con firmeza e suavidade incorporárono, as súas costas pararon contra uns peitos tersos, as súas mans palparon unhas coxas.
-          Quieto. Díxolle unha voz feminina, serena e voluptuosa. Era ela, a veciña.
Amordazado e inmobilizado de mans non se resistiu, alí estaba de pe enlazado por un corpo feminino. Unha man apertáballe con firmeza o peito, outra, suavemente, empezou a  deslizábase pola entreperna esquerda camiño dos seus testículos, un alento cálido estremeceulle a caluga, estaba excitada, el notaba nas súas costas unhas  mamilas duras, penetrantes, relaxouse e deixouna facer, as súas mans atadas rozaron as pernas quentes dela, ela deixouno facer, mentres, lentamente, introducía a man na bragueta ao encontro dun pene que se espertaba , os dedos baixaron suavemente ata os testículos, a erección crecía, coa outra man desprendeulle o pantalón.  El subía as xemas dos dedos lentamente por unhas exuberantes coxas procurando as nádegas núas, os seus polgares tocaban un pube humedecido, ela consentía e, sen ceibar o membro erecto, a outra man exploraba o peito beliscando as mamilas del.  Os dous corpos, excitados, suaban pracer.    
-          Déitate - ordenoulle  ela, obrigándolle a sentarse no chan.
El submiso, en erección, coas mans atadas e amordazado, obedeceu, agora, acostumado á tenue luz, vía un corpo ben proporcionado, carnoso, unha longa cabeleira case ocultaba o fermoso rostro da luxuriosa veciña.  Colocou as súas esveltas pernas a ambos lados do torso del e, alzando a apertada camiseta,  deixoulle contemplar por uns segundos a súa excitada cuncha, axeonllouse, pousou a súa man dereita sobre o membro sometido e con ductilidade sentou as cálidas nádegas enriba do pene eréctil comprimíndoo  contra o ventre, el atado e amordazado debatíase por tocar aquel sensual corpo, xemía de pracer e porfiaba coas ligaduras, ela  sobre o seu ventre, sen compaixón, comezou a deslizarse cara atrás ofrecéndolle ao membro humillado os labios quentes e húmidos da vulva, os peitos fundíronse, o libido alento dela xemía de pracer mentres os labios chuchaban o colo del, os dedos non deixaban de beliscarlle o peito e mamilas, aquel sexo feminino lubricábase e lubricaba o pene, masturbábase sobre el, el sentíase explotar, amordazado e atado, estaba a súa mercé, ela suspiraba, xemía, axitábase, os laios amordazados do seu aldraxado amante excitábana cada vez máis, de repente izou as súas nádegas, colleu o pene e, pouco a pouco, penetrouse o ano, os dous xemían, ela alzábase sobre el con ritmo crecente ata que os dous, acompasando os seus bafexos, liberaron os seus xugos, el no cu dela , ela sobre o ventre del.
Ela ergueuse, colleu un pincho do pelo, fixo unha marca na pata da mesa xunto a outras cinco, liberou a mordaza, pousoulle nos beizos o pincho e abandonou o local.