SE ÉS MENOR
ABANDONA ESTE BLOG



lunes, 5 de diciembre de 2011

Luxuria na disco


Aquela liorta excitárame, el enfrontárase ao camorrista que amolaba a toda a disco.
 Levaba tempo fixándome nel, era único na pista -o L. A. Woman bordábao-, era simpático, tímido e sensual e, hoxe, suado e axitado, estaba fermoso.
A sala fervía de xente. El, no fondo, a carón das cortinas da porta de emerxencia, apoiado na parede, sosegábase, achegueime e, con descaro, plantei as miñas costas diante del.
Estreaba vestido de festa en sedafría elástica, os meus ombros e pernas -sutilmente pola metade das coxas-, amosábanselle espidos e provocadores,  percibín a súa respiración aínda acelerada, con ductilidade desliceime ata apoiar as miñas nádegas no seu baixo ventre. sentín o seu membro colocado cara arriba, levemente virado á esquerda estaba relaxado . Balanceei lixeiramente o meu cu buscando espertar aquel rabo durmido. Non protestou, non se moveu.
Axiña, ao tempo que acougaba o seu alento, íase empalmando, quedei quieta, sentía no meu traseiro como o seu pene endereitábase e crecía recorrendo a miña nádega ata encaixarse, el só, entre os meus glúteos. Aquela viveza estimuloume a libido, deixei caer o bolso e coloquei a miña man dereita sobre a súa nádega para, suavemente, incrustarme no seu pene, a miña vulva comezaba a suar.
El reposto da sorpresa empezou a explorar as miñas pernas con ambas mans. Delicadamente, rozando apenas a pel, aqueles dedos rastreaban as coxas cara a miña vulva. Eu, seducida e acalorada, buscaba o tacto do membro erecto, apalpeino coa man esquerda, baixei ata os testículos, subín de novo, excitábame examinalo, sobalo, el, mentres, apartara a faldra e os seus dedos destros premían as braguiñas humedecidas nos meus labios púdicos.
Xemín, gozaba, deleitábame mollándome nos seus dedos, mais desexaba darlle pracer, coas dúas mans ceibeille o sabre, estaba durísimo, a súa boca zumegaba ese líquido lubricante, agora era el o que bufaba e succionaba a miña caluga, tamén estaba sufocado, dominado pola paixón, baixoume as bragas, subiume a faldra por atrás, soboume o traseiro, mollaba os dedos na miña cuncha...,
Eu non podía máis, exciteime a pébeda co pene e empapado nos meus xugos coloqueimo no ano, el agarroume polas cadeiras e, con dozura, pouco a pouco, foimo cravando.
 O pracer facíame perder o sentido, necesitaba sentilo máis a dentro e comecei a bambearme contra el, os meus arquexos tapaban os seus laios lúbricos, axiña, cunha man tapoume a boca e coa outra continuou manipulándome con destreza o clítoris. De pronto comezou a estremecerse, envestiume catro, cinco veces, ao tempo que notaba o seu mel cuspirme dentro, axiteime, tremín con el, corrinme na súa man.
 Xana