SE ÉS MENOR
ABANDONA ESTE BLOG



lunes, 27 de junio de 2011

Castigo erótico

Odiaba facer recados despois do traballo, pero vindo de Helena facíao con moito gusto. A encomenda era doada, debía deixar un pequeno paquete na habitación 207 do Hostal. Serían as nove da noite, no outono os turistas escaseaban, non había ninguén  polos corredores do parador.
Introducín a tarxeta na porta, abrín e busquei ás escuras o interruptor da luz, non recordaba que tiña que meter a tarxeta na caixiña que activaba a corrente eléctrica.
 De súpeto unha man tapou a miña boca e outra inmobilizoume o brazo esquerdo, unha silueta arrebatoume o paquete e levou o meu brazo dereito  cara ás costas.
Nuns segundos estaba amordazada, atada  e asustada, leváronme ata unha cama e prenderon a luz, dúas fermosas mulleres enfundadas nuns provocativos minitraxes de látex ocultaban o seu rostro con máscaras negras, estaba segura que Helena era unha delas, un novo xogo erótico comezaba. Pegado aos pes da cama, espido, amordazado, de pe e coas mans atadas en alto; Gon, o atractivo e ocorrente bedel da delegación da Coruña amosaba un lindo corpo. Detrás del colocábase a dominadora de coleta, mentres a ama rubia acercábase a min.
Ámbalas dúas con guantes negros e tacóns de punta empezaban a recorrer os nosos corpos atados.
A Gon, que levaba máis tempo de castigo, espertábaselle o seu membro nos guantes da súa ama, mentres a man dereita acariñaba o pene en erección a esquerda percorría os seus glúteos ata os testículos, uns carnosos beizos vermellos murmuraban inquietantes sons nos ouvidos do excitado submiso creando unha atmosfera sumamente erótica.
A miña ama, máis dominante, tíñame de xeonllos, desabotoara a miña blusa deixando os meus peitos, lixeiramente protexidos por un sostén, á vista dun escravo sexual que emitía uns murmurios amordazados, a destreza da súa dominadora daba os seus froitos. Eu sufocada e axitada pola escena, comezaba a sentir as luvas da miña ama subir polas miñas coxas ata as miñas braguiñas, era un tacto rexo, penetrante, aqueles dedos enfundados en coiro premían o meu sexo e as nádegas cun ritmo acompasado, humedecíame e xemía mentres notaba un libidinoso alento na miña caluga, a señora estaba acalorándose.
Enfronte a ama de coleta, cun preservativo nos seus voluptuosos labios, succionaba o pene do seu escravo ao tempo que o enfundaba coa prenda de látex. A miña ama, notoriamente excitada, deitou a miña cabeza sobre a cama, ergueume a faldra, quitoume as bragas molladas e comezou a introducir, con delicadeza, un dedo de coiro no meu ano, arrebatada pola lascivia  deixábame facer ofrecendo os meus glúteos á experta ama, axiña dous dedos penetrábanme por detrás.
Os nosos xemidos amordazados estimulaban ás impúdicas donas. A de Gon, que non deixaba de fitarme, visiblemente excitada liberouse da súa braga diante do seu escravo, agachouse, apoiou as súas mans na barra dos pes da cama, e sen dificultade pola altura que proporcionaban as súas botas de tacón,  penetrouse lentamente, comezaba o balanceo erótico, sen quitarme o ollo de enriba, arquexaba, suspiraba, estremecíase, Gon detrás dela era un mero escravo sexual.
Aquela axitación érame coñecida, tratábase da cativadora luxuria de Helena. Estaba fascinada, a miña amante preferida ofrecíame unha escena de paixón desenfreada. Os seus beizos rozaban os meus no instante que me decataba da ausencia da miña ama, axiña notei de novo a súa sedutora presenza detrás miña, os seus dedos lubricábanme e lubricábanse nos meus labios sexuais, con ductilidade mollou o meu ano, de novo, introducindo os seus dedos húmidos, retirounos e de repente, notei un pene introducíndose lentamente entre as miñas nádegas, a miña ama colocárase un arnés e metíame aquel xoguete erótico no ano con suma dozura, gozando tamén ela das embestidas da súa pelve.
Era un pracer indescritible; eu, sodomizada por  unha ama descoñecida, compartía os xemidos lúbricos con Helena montada polo seu escravo.
Os bufidos amordazados de Gon enchían a estancia, Helena deuse conta da excitación desenfreada do seu escravo e cesou nos seus bambeos, retirouse o pene e dirixiuse cara min. A miña ama, sufocada, tamén cedera nas delicadas acometidas e suavemente sacou o seu ariete do meu corpo.
Agora escrava e escravo mirabámonos expectantes, amordazados, cativados pola luxuria desexabamos o remate do noso castigo vivamente. As amas decidiran un cambio de escravos, a miña antiga ama subida á cama librara a corda que mantiña erguidos os brazos do sometido Gon para amarralo agora á barra dos pes da cama, dócil, sen opoñer resistencia e aínda empalmado, notou como a súa nova ama tiráballe dos cabelos cara atrás para murmurarlle no oído:
-          Agora tócache a ti.
Non tiña dúbida ningunha era a voz da directora, Gon sorprendido tentou rebelarse, a súa nova señora obrigouno a agacharse, colocouse detrás del e coa prótese sexual xa lubricada no meu corpo penetrou lentamente o cu do fermoso escravo que xemía sorprendido polo novo xogo, a súa ama, cunha man tiroulle, de novo, dos pelos con firmeza e baixou a súa man dereita cara o pene en erección, o escravo relaxouse e docilmente comezou a colaborar coa súa ama.
A miña vulva de novo zumegaba humedecida pola escena altamente impúdica, cando sentín a Helena detrás miña apalpando os meus glúteos, refregando o meu clítoris, os seus guantes mollados nos meus zumes introduciron dous dedos no orificio traseiro, agora era ela quen me proporcionaba pracer.
-          Ola putilla, agora vén o teu castigo.
De repente, sentín un zunido e logo un obxecto gustoso e vibrante que separaba as miñas nádegas e introducíase no meu estimulado ano, Helena posuíame cun pene vibrador que a facía estremecer e a min perder o sentido, pouco a pouco, as acometidas ascendían de fogosidade, mentres a súa man dereita non deixaba de masturbarme. Gon totalmente sometido ao pracer escravo, convulsionábase ante as embestidas dunha ama facéndolle o amor e unha palla,  Helena estremecíase ante a intensidade vibradora do seu aparello, os arquexos amordazados mesturáronse cos bufidos e xemidos das amas, exaculamos... 

Xana